top of page

As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando hai máis de dez anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións.

O seu cuarto álbum é Raianas, unha viaxe polas dúas beiras do Miño, na que aparecen temas tradicionais e actuais, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

bottom of page